Hora / Día

¡¡Benvidos!!

¡¡BENVIDOS!!

¡Non tema entrar!, un blog totalmente gratuíto, sen ningún tipo de recargo para o seu bolsillo...

Xogando a parecer un blogueiro de verdade dende o 20 de Novembro do 2009

¡Preciso da túa axuda! pincha aquí


O artigo máis comentado...

O artigo máis comentado... pincha aquí

O artigo máis raro...

O artigo máis raro... pincha aquí

O artigo máis subido de tono...

O artigo máis subido de tono... pincha aquí

Xente que visitou este blog

contador de visitas
GRAZAS POLA SÚA VISITA

Discurso final "O Gran Dictador" (Chaplin, 1940)

¡Unha declaración de principios!

Últimos Artigos Publicados

"Sei o que vistes..."

viernes, 5 de noviembre de 2010

Señor da Xe Academy Awards (1)

Nin Oscars, nin Razzies, nin ostias...

¡¡¡Ladyes and gentlemans!!! presentamos os premios do cine do Señor da Xe... redoble... letreiro de Paramount Pictures... ruxido dun león e comezamos...

Nesta primeira edición vamos a dar unha serie de premios "especiais" a aquelas aberracións do séptimo arte, auténticos crímenes perpretados por uns desalmados directores, "truñacos" con maiúsculas, atentados á tódalas regras do bo gusto, do estilo e en definitiva, do bo cine...

Sen máis dilación os Anti-Oscars do Señor da Xe...

Categorías:

- Premio á película "somnífero": creo que o título é bastante claro e revelador... xD
Opinión do autor: 'Passengers'; perdín a conta das veces que me quedei durmido vendo esa película, eso que non dura demasiado... e eso que a chati que saía estaba de bo ver... xD

- Premio á peor secuela ou á peor adaptación: din que segundas partes nunca foron boas, e abofé que aquí o imos a desmostrar, xD...
Opinión do autor: 'Batman y Robin'; non sei se é certamente unha secuela, pero forma parte dunha serie ou saga sobre este personaxe... infumable, prescindible e insufrible. Clooney de superheroe e Arnold Schwarzenegger de malo malísimo. Bienaventurados sodes se non a vistes...

- Premio "ay dios, a que se aveciña...": esas películas que vas ver ao cine ou "disfrutas" na casa e ao pouco te enteras de que vai a haber máis partes...
Opinión do autor: ¡non home! Crepúsculo sería moi previsible... 'La Herencia Valdemar'; non me chegaba o momento de levantarme da sala e botarme fóra de alí, temeroso de que ao esperar aos créditos me ía a enterar que van facer unha segunda parte (polo menos). Dichosos los ojos... xD

- Premio "esta creo que xa a vin": en clara referencia a esas películas que aos 5 minutos xa sabes como vai a rematar. Tamén podería chamárselle a esta categoría "Premio á película coa trama máis insípida da historia"
Opinión do autor: ía poñer calquera película de acción ou mismamente calquera comedia romanticona das que sobran na historia do cine, asi que direi... 'Ultimátum a la Tierra'; joer que se sabe de sobra que Keanu Reeves vai palmar...

- Premio á peor película obligada: se fustes obrigados a ver unha película, que a vós xa vos daba no corpo que ía ser unha p.... merda, e que aínda así a ollastes... esa película entra dentro desta categoría.
Opinión do autor: 'Sky High: Escuela de altos vuelos'; o culpable de que eu fora a ver esta película aínda sigue vivo... de feito me están entrando unhas olvidadas e repentinas ansias de matar... xD

- Premio á película interminable: outro título máis que claro...
Opinión do autor: 'Lost In Translation'; case morro de felicidade cando acabou...

- Premio á película de terror máis graciosa: ¿teño que explicar esta categoría tamén? xD
Opinión do autor: 'Km. 31', nunca unha película de medo me fixo tanta gracia, penosa...

- Premio ao peor actor/actriz: para non ser moi crueles, englobamos os dous sexos na mesma categoría (por iso da igualdade e tal... xD). Actores e actrices que algún día tiveron a terrible idea de meterse á interpretación...
Opinión do autor: Chuck, Van Damme, Seagal, o Chuache, Stallone... son incapaz de escoller...

- Premio á peor película: aínda que sexa a categoría co título máis normaliño, refírome a eses filmes nos que durante os seu transcurso pensastes repetidas veces en arrincarvos os ollos e chegastes a envidiar ao invidente que vende cupóns na esquina... ese "truñazo" con maiúsculas que nunca poderemos olvidar...
Opinión do autor: 'Campo de Batalla: la Tierra', creo non haber visto cousa peor, ademáis de 'Crepúsculo' e tódalas secuelas habidas e por haber (si, non o puiden evitar...xD). Sintoo pero non a soporto, polo que non vou comentar nada máis ao respecto.

NOTA DO AUTOR: sinto a pouca imaxinación na miña elección, prometo en futuros comentarios ampliar as miñas opinións en cada categoría, asi como corroborar ou opoñerme ás vosas... xD
Por certo, podiades poñer máis dun exemplo por categoría (se non é moito pedir)

Aquí quedan os meus pecados ao descuberto, veña ensañádevos con ganas...


O polemista

23 comentarios:

  1. Q bo!!! Sei que teño moitos artigos por comentar... pero quero comezar por este, saltándome a orde da publicación. Pero é que realmente me encanta!!!! Fíxome moita gracia!! Aínda que o nome da sección quedaría mellor se fose todo en galego pero bueno... vou coas miñas eleccións:

    -Premio á película "somnífera": calquera de Star Wars ou Indiana Jones, tamén Star Trek... non podo con elas. Aínda que estea con predisposición, é comezar a velas e me distrae unha mosca ou unha mota de pó que pasen por diante da meu alcance visual, matemático. E se non, o meu corpo busca unha boa posición para botar un sono, é superior a min.

    -Premio á peor secuela ou á peor adaptación: "Saw" algo (non recordo o número exacto) pero na miña opinión foron esaxerando a cada película que fixeron. A min a primeira foi a única que me gustou. Pareceume algo novedosa pero despois xa era sangue por sangue, demasiado explícito todo... non me gustaron (as que fun capaz de ver, creo que parei na IV).

    -Premio "ay dios, a que se aveciña...": Joer... nesta téñoo complicado porque estou totalmente de acordo e non me veñen máis á cabeza... pero bueno, por poñer algunha... as continuacións de Torrente, incluso Torrente, non me gusta.

    -Premio "esta creo que xa a vin": "2012", esta podería estar en polo menos dúas categorías pero bueno... previsible onde a haxa.

    -Premio á peor película obligada: podería nomear a anterior pero para cambiar un pouco escribirei algunhas das moitas que me arrepinto de ver como por exemplo "Mentiras y gordas", "Noche en el museo"...

    -Premio á película interminable: "La dalia negra", 120 minutos aos que me costou engancharme a pesares de que lendo a historia me chamaba bastante pero no transcurso da película os minutos fixéronseme eternos.

    -Premio á película de terror máis graciosa: aquí non podo poñer o título da peor película deste xénero que vin. Debía ter 13 ou 14 anos, alquilarámola no vídeoclub e botamos 90 minutos ríndonos ata chorar. Contiña os tópicos máis típicos deste xénero, os sustos eran máis que previsibles... total, que creou o efecto contrario ao que en teoría se lle supoñía, patética. Pero xa que teño que nomear algunha, poñerei "La niebla" ou "Terror en la niebla" algo así creo que era.

    -Premio ao peor actor/actriz: volvo coincidir cos actores nomeados, intento evitar calquera película deles e creo que son máis feliz así xD Vou poñer a Paris Hilton (é difícil de crer, igual non a considerades actriz, vale, pero nunha película si que participou así que...) Kristen Stewart, Travolta tampouco me gusta nada, Eddie Murphy ten unha carreira de películas ás súas espaldas que asustan... bufff.... a lista pode ser longa.

    -Premio á peor película: aquí para o meu gusto entrarían "americanadas" varias tipo Scary Movie, Austin Powers, Dos rubias de pelo en pecho, Crepúsculo, e moitas das que xa non me lembro. Un moi moi longo etc, das que moitas me avergoño de ter visto algunha vez. Aínda que así sei apreciar mellor unha boa película e boas actuacións.

    Despídome coa intuición de que este comentario vai ser moi extenso pero bueno, para que quede constancia de que me gustou moitísimo este artigo, moito moito, noraboa.

    ResponderEliminar
  2. Esperemos que todolos comentarios sexan asi de extensos... xD

    Quitando que non sexan peliculas para gañar Oscars a min as de 'Star Wars' e de 'Indiana Jones' (a pesares da 4º parte máis que forzada e oportunistas) gustanme, botalle a culpa a miña parte friki, non sei, xD... bueno é de 'Star Trek' que só vin a última ke fixeron tamen me gustou...

    Na de 'Saw' coincido, a 1º moi boa, moi innovadora... na 2º e na 3º decae demasiado, pero a 4º e a 5º a min gustaronme, a trama, as porcalladas esas non... xD... aínda que xa vai o tema un pouco forzao de máis (por certo, acaba coa 7º ke akaban de botar no odioso 3-D)

    As de 'Torrente' non se lles pode pedir moito vindo de Santiago Segura, truños as 3...

    '2012' creo haberme ensañao a gusto nun Sei o que vistes... asi que coincido!!!

    'Mentiras y gordas' boteille peito e vina... e que son un valiente, xD... pura bazofia, e 'Noche en el museo', creo que fora vela ao cine... creo que daquelas estaba tolo, xD

    'La dalia negra' non a vin, non opino...

    'La niebla' e 'Terror en la niebla' vin as 2, e si, moi moi penosas, coincido...

    Na categoría de actores e actrices ensañacheste a gusto... xD, o de Eddie Murphy ten ata mérito, non creo que haxa en Hollywood un actor con peor filmografía, e seguro que o bendito ten unha estrela no paseo da fama e todo...

    Con 'Scary Movie' e 'Austin Powers' non coincido, vale que sexa un humor gilipollas de todo pero son parte da miña infancia-adolesquencia e teñen valor sentimental, xD, non molarche o MiniYo ou o Gordo Cabrón, xD... '2 rubias de pelo en pecho' si que a vin, por desgraza...

    Asi me justa...

    Seguiremos destripando os grandes erros cometidos na meca do cine...

    ResponderEliminar
  3. mi ma!!sera por pelis malas ....e vo debedes ter unha longa lista polo que vexo!!jajaja
    A peor peli q recordo a voz de pronto a de La playa...do dicaprio...jugando con la muerte de Angelina Jolie...coincido con natalia nas de torrente e saw e co da xe nas de crepusculo...
    e porque nn incluír as últimas q nos fan ver en filosofía:
    la noche de los muertos vivientes (inda é peor a verson do 68 ca dos 90) e a deste venres q foi Alien.
    tsmen as comedias amorosas americanas serían bastantes as que se poderian citar...pero xa evito velas... E asde scarie movie e parodias peliculeras xa nin falemos...

    ResponderEliminar
  4. Asi me gusta ArreDemo respetando as categorías...

    ResponderEliminar
  5. Weeeeeeeeeeeeeeeno aer logo…esto de ter q recomentar é pq os comentarios de Natalia deixan os meus coma cutres de todo….jajaja
    PELICULA SOMNIFERO: MMMunha destas raritas que se lle da por facer a Nicolas cage…Wicker man creo q era….somnifero total!!
    PEOR ADAPTACION: nn a vi pero xa sei que é mala…Nana la película…jajaja onde estea o manga que se quite o resto! V de vendetta nn estivo mal de todo pero ó lado dos comics…nn hai color!!! E ca moda esta de pasar ós comics á gran pantalla poderíanse engadir varios a esta categoría si…Batman seria unha delas (ou varias,polo de saga)
    ¡AY DIOS A QUE SE AVECIÑA!: nn teño moi claro que incluír aquí..Torrente posiblemente..Kill billl no seu dia (anque agora entendin de que vai ou o q pretendía Tarantino con ela…)
    ESTA CREO QUE XA A VIN: Aquí incluiría as ñoñadas amorosas americanas adicadas ´´as adolescentes soñadoras e ñoñas q esperan a un príncipe azul que lles faga o amor apaixonadamente e as manteña toda a vida coma raíñas…nn me acorda ningunh agora pq intento nn as ver sequera…Princesa por sorpresa e cousas dese estilo---aaah!Crepusculo tamn aquí!!e la mujer del predicador de withney Houston
    PEOR PELICULA OBRIGADA: Aquí entrarían as contrarias das anteriores…pelis para tíos onde éstes se parten o cu cando os protagonistas meten o seu membro viril nunha tarta, se tiran un peido… Calquera destas que tamen hai centos… e as parodias de pelis tamn poderían incluirse…Case 300 venme á mente…
    INTERMINABLE: Oseñor dos aneis, No mires para abajo, Jugando con la muerte,El mensajero del miedo, e Harry Potter (sintoo señor da xe)
    PEOR PELI: La playa é das peores que me ven á mente…La noche de los muertos vivientes tamn…
    Espero que quede agusto co comentario…deber´´ia incluír pola súa parte unha nquisa para votalas peores…

    ResponderEliminar
  6. A guerra das galaxias,star trek que se me olvidara e a citara NAtalia tamen...e como nn as de JAmes bond (nas interminables,nas predecibles ou na categoría xeral de peores pelis...)

    ResponderEliminar
  7. Moi ben ArreDemo... ¿como foi ke volveu comentar? xD

    Na de 'The Wicker Man' coincido, vaia merdaza de pelicula, joer...

    Esa de 'Nana' non teño unha opinión ao respecto xa ke nin a coñezo nin a vin... pero a de 'V de Vendetta' non me pareceu tan mala, pero bueno, e ke eu tampouco nunca ollei os cómics, jajajaja...

    'Torrente' xa dixen ke eran unha merda... e 'Kill Bill', a pesares de ver as 2, non me gustaron... (EXPLIQUENOS KE PRENTENDIA TARANTINA CON ESAS PELICULAS LOGO... xD)

    'Princesa por sorpresa' coñezoa, non a vin, pero cumple todolos requisitos para ser unha p.... merda, 'La mujer del predicador' creo habela visto fai moito tempo, non me recordo, non opino... xD

    Como home me indignou que pense que a todolos homes nos guste 'American Pie', pero bueno... unha merda todas (as 7 ou 8 ke haxa) e 'Casi 300' tamen é unha tonteria (xa sei ke dixen ke me gustara 'Scary Movie' e que esta é do estilo, pero cando a vin era máis cativo e era a primeira ke facian, agora xa aburren... ademáis que teño o gusto algo máis refinado, xD)

    En canto as do 'Señor dos Aneis' me opoño... vostede xa coñece a miña parte friki, xD... e a do 'Mensajero del miedo'... e de Denzel Washington, non??... creo que a vin, pero non recordo ke fose tan mala... as de 'Harry Potter' nin me van nin me veñen, non me parecen das peores... 'Jugando con la muerte' nin me soa... e 'No mires para abajo' non recordaba habela visto, pero se chego a facer memoria antes entraría na miña categoría de Pelicula somnifero ou interminable... joer!! e eso que fod.....xD

    'La Playa' moi mala: por esas cousas odiaba tanto a DiCaprio, e a dos zombis ni zorra...

    'Star Wars' e as de James Bond parecenme peliculas de ciencia ficcion e de accion normales e corrientes, non son unha peliculazas, simplemente pertencen a un xenero ke non ten moito bo ke sacar, simplemente... non son truñazos (a min gustanme para pasalo rato)... xD

    ResponderEliminar
  8. Por certo ArreDemo...(non é por ser quisquilloso, puntilloso, cabroncete, pesao nin nada... e que me interesa a súa opinión...)

    ¿Actores ou actrices ke lle parezan malos/as?
    ¿E unha peli de terror que lle parecera do máis graciosa?

    Se non contei mal, creo que se olvidou desas categorías...xD

    P.D.: non se sinta obrigada a contestar...

    ResponderEliminar
  9. Podo recomentar eu tamén?? :) Non é que o artigo me collera pouco inspirada, ao testamento de aí arriba me remito xD, pero é que nesta semana ocurríronseme algunhas máis.

    O primeiro que se me olvidara citar as do 007, igual que Arredemo, tampouco me gustan. De feito a día de hoxe sigo sen ter visto unha película enteira, dáme igual o actor que faga de James Bond. Eu incluiríaa en varias categorías tamén. E as de Misión Imposible o mesmo, ademáis que non me gusta Tom Cruise.

    Das que nomeades hai algunhas que non me soan, outras si, como "La playa" pero non a vin porque o protagonista non me chamaba nada, algo que cambiou recentemente tamén. "Casi 300" pensei que sería algo máis "visible" pero fun incapaz, é do máis absurdo que vin ultimamente, xa bo é que só lle adiquei 15 minutos da miña vida.

    Da triloxía de "El señor de los anillos" só me pareceu algo lenta a segunda parte, foi a que menos me gustou, as outras gustáronme moito e non me considero friki xD De Harry Potter creo que só vin unha, e foi das "obligadas" pero polo instituto, non recordo xa cal fora, como hai tan "poucas"...

    Tamén na categoría de peores pelis, a de "Supermaderos", tristísima, a algúns débelle quedar a cabeza descansada con semellantes "obras de arte", terrible. Outra malísima, Ninette, non me gusta nada a Pataki, pero a meu irmán tirábanlle máis outras cousas que o interés pola película en si, en fin... E non sei que opinades destas películas típicas do Nadal, hainas entretidas, pero a maioría son pésimas. Cos seus títulos sempre taaaan orixinais...

    E aumentando a lista de actores, engado aos Jonas estes e a Hannah Montana. Non entendo como se meten en "actuar" e "cantar" se non saben facer ben ningunha das dúas, en fin... o poder do dólar supoño.

    Unha pregunta Sr. da Xe: "Odioso 3D"??? E logo? Creo recordar que fun ver 3 ou 4 películas e moi ben, as mellores "Avatar" e "Alicia en el país de las maravillas" e pagou a pena.

    ResponderEliminar
  10. Das pelis que eu vin en 3D (Avatar, a 2º vez de vela, e Furia de Titanes) recordo máis a clavada da entrada que o disfrute desta nova tecnoloxia en si...Me parece que está DEMASIADO de moda últimamente... chameme anticuado se kere, xD

    ResponderEliminar
  11. ok. de terror la noche de los muertos vivientes, sobre todo a version de 1968 anque a dos 90 tamen poderia ser...
    en 3d nn vin ningunha nn podo opinar, lamentablemente...
    E actores pésimos a paarte dos cantantes como citaba natalia...estes idolos adolescentes n valen pa moito (incluír ós de física e quimica e series semellantes q se meten agora ó cine)sempre me aborreceu o dicaprio a pesares de que agora sinalades q as peliculas ultimas valen pa ver.
    Chuachenegger nin en pintura por dios!
    John cusack nunca me gustou anque tivo a sua época prolífica...en mulleres...teño q recoñecer q a nosa PEnelope nn me gusta na...será pq teño a súa imaxe das españoladas e nn me pega en Holiwood...nin a pataki coincidindo con comentarios anteriores,,,

    é o q me vn a mente agora...

    ResponderEliminar
  12. propoño unha nova categoría: ESPAÑOLADAS BODRIO:

    Engado a última q vin: ANTES DE MORIR PIENSA EN MÍ ...Q PA SER española inda ten argumento a bondo...igual é q nn a entendín ben...é unha Hannibal lecter á española, con tintes costumbristas, hai q averiguar qn é o asasino, ambientada posiblemente nos anos 80 (anq nn me quedou claro,depende da secuencia)todo este batiburrillo coma sempre con esas escenas de sexo tan tan...varoniles do noso cine...q por certo son mais creíbles as de física e química...ou será q a min nn m enseñaron a procrear ca roupa posta e por eso me chaman a a tención...nn sei...

    CAGADA MONUMENTAL!!!!!!!!!

    ResponderEliminar
  13. Pois logo darei eu tamen a miña opinión: as españoladas eu case as podería incluír na categoría de películas obligadas posto que que eu sepa nunca vin ningunha por decisión propia... e non recordo ningunha ke me gustara... asi que na nova categoría proposta por Arredemo, a miña opinión en ESPAÑOLADAS BODRIOS direi (xa que as de Torrente xa aparecen por doquier...): 'XXL', 'Café solo o con ellas' ou 'Crimen Ferpecto'... e non poño máis para deixarvos títulos pa vos... xD

    ResponderEliminar
  14. Weno, esta non podía pasar sen expoñela... a "gran actuación" do parvo este do canto do tolo... 'Yo soy la juani'... peor españolada con maiúsculas que vira en anos... obligado claro... xD

    ResponderEliminar
  15. ooh xxl!! esa alquilaramola miña nai mais eu pa un fin de ano.... ....q non merece ser recordado, por suposto!jajaja algunha españolada se salva que conste!poucas pero algunha...jajaja

    ResponderEliminar
  16. Eu entendo españoladas como esas peliculas "tipical spanish" de catro/cinco fracasados que non pillan nin patrás, ou que contan as suas aventuras (sempre sexuais, claro...) e son as que incluo no meu comentario... quitando esas si hai pelis españolas moi boas... sin ir moi lonxe ahi ten 'Celda 211'

    ResponderEliminar
  17. Nesta categoría non podo aportar nada novo, ou polo menos que eu me acorde. Como moito vin "Mentiras y gordas" e "Torrente" das consideradas como "españoladas". Despois de pelis españolas que me chamaron a atención vin unhas cuantas e esas si me gustaron. Pero ao igual que o da Xe, eu fago distinción entre esas dúas categorías, pese a ser españolas, non teñen nada que ver.

    Eu españoladas, americanadas e cousas dese estilo evito velas xa, a non ser que non vaia por vontade propia xD Así que a miña lista nesta categoría non aporta nada novo...

    ResponderEliminar
  18. Bueno, bueno... teño que cambiar a miña opinión na categoría de Película de terror máis graciosa: a de 'Km. 31' era mala, pero tamen se debe ter en conta que debía ter pouco presupuesto, pero esta, a miña nova elección... 'Arrastrame al infierno' é do director das tres películas de Spiderman, Sam Raimi, polo que se debe de supoñer que algo de pasta por detrás debería haber... pois a película foi das que máis me partin do mala que era, jajajaja... e eso que seika era de terror... parece unha peli de serie B pero con presupuesto... penosa pa pasar medo!!! buenisima pa escachar coa risa!!! xD

    ResponderEliminar
  19. Este último comentario é para deixar constancia de que este artigo (asi como o resto todos)teñen vida infinita, podedes pasar a comentar e poñer peliculas malas cando vos acorden ou acabedes de ver unha... xD

    ResponderEliminar
  20. Temos un problema, bueno, máis ben eu. Explícome: se se critica tanto unha peli, créaseme a necesidade de vela!! Jajaja, así que agradecería que só poñades o título e non vos despachedes demasiado a gusto, polo meu ben xD Isto é o que me pasou con "Arrástrame al infierno".

    Agora en serio, é mala non, o seguinte, dende o minuto un ata o 90, non decae en ningún momento xD Iso si, con secuencias memorables, moitas, jajaja.

    ResponderEliminar
  21. Parte 1:
    Boas, excelso señor da xe, coma sempre os contidos e os comentarios que os adornan son un faro de sabiduría nestes tempos de escura ignorancia que nos azoutan, jeje.
    Logo de dar un pouco de xabón, imos coas miñas propias candidaturas:
    Película con efecto sedante-hipnótico: "Gattaca"; a min a esta leváronme enganado, a rastras e protestando coma cando levan a un neno poñer unha vacina, se é que o meu sexto sentido xa me dicía que aquelo non ía dar en nada bo; se non me quedei durmido é porque as butacas de Área Central son unha tortura deseñada específicamente para evitar o descanso.
    Premio á peor secuela/adaptación: para min sen dúbida a última de Indiana Jones, a que faría a cuarta para os que non son de letras (aínda que eu prefiro tratala coma un enxendro á marxe da magnífica triloxía orixinal); non sería especificamente unha secuela, máis ben unha "tetracuela" (menudo palabro me acabo de inventar), pero nunca me ferveu tanto no sangue ter pagado unha entrada de cine; cando sae voando na bañeira o prota xa levaba uns cantos "Pero que coño me están contando?".
    "Ay a que se aveciña" Creo que o señor da Xe non tivo a desgracia de padecer Skyline (aquí que perdoe o señor Pereiro), pero ese final aberto é digno de poñer nas escolas de cine como un exemplo estigmatizable do que debería estar proibido en cine, pero nesta categoría estou entre esa e as de Resident Evil, pero, con todo, nada supera cando, unha vez entusiasmado cos libros de Stieg Larsson, me puxen a ver a primeira da serie de tres películas que se fixeron para "homenaxear" a obra do autor sueco. Eu son ferozmente ateo, polo cal é un alivio saber que o pobre home non está noutra vida revolvéndose vendo o que sacaron da súa obra.

    ResponderEliminar
  22. Parte 2:

    "Esta xa a vin" award: aí poderían entrar calquera de Denzel Washington, salvo "Training Day", porque o home sempre fai de yang sen ter un yin, de boa xente á que cando chegan os créditos a vida lle devolve en forma de final feliz todo o malo que pasou na metraxe. O tipo cáeme realmente ben, e é un actor coma un ferrado de patacas de bo, pero empalaga que sempre teña ese halo do afroamericano modelo. Con todo, non podo darlle este premio salvo a unha peli, Babel, que aínda que parece un rollo patatero a min xa me encaixara todo o que ía pasar na peli aos 15 minutos, de forma inexplicable.
    Película OBRIGADA: jajajja, non se queixe, señor da xe, iso non é nada. Créame que é moito peor que te obriguen a ir ver "Sexo en Nueva York" PAGANDO!!!!!! (pero pa que está internet e o cinetube, senón para evitar ter que ir ver truños coma este?) Pa que logo digan que a vida en parexa ten vantaxes... en fin, as burradas que se poden chegar a facer polas mulleres.
    "Neverending Movie": "Ali" Non teño nada máis que dicir desta.
    Peor actriz / actor: jejeje, aquí vou repartir para ambos sexos por igual, e bástame cunha soa peli. Quen tivera que soportar o castigo divino de ter que ver "Druidas", vería que, a parte de que os supramencionados chamáns celtas vestían impecablemente de Levi´s debaixo das túnicas, con zapatillas de marca (non me lembro se eran Adidas), as dotes interpretativas de Christopher Lambert (ese home que, ó igual que Ozil, cando estudiaba cun ollo lía e co outro repasaba ó mesmo tempo) non dan para moito, pero é que ó lado de Inés Sastre (gargallada memorable para a historia do celuloide) parece Marlon Brando.
    Peor película: ei, non descoidar o producto nacional, que ten dado cousas memorable, como toda a saga Torrente, Chuecatown, La mala educación (non podía acabar sen darlle nas cachas a Almodóvar, persoa á que metería nun barco a facer un cruceiro con Aznar, a duquesa de Alba e toda a caterva de Gran Hermano, a ver se se exterminaban reciprocamente), ... etc etc Pero dende logo coincido co señor da Xe e en que a saga Crepúsculo xustifica a volta da censura.
    E non me extendo máis, que esto xa vai camiño de ser un breviario da Espasa. Esto hai que facelo mellor cunhas cañas diante que tecleando, que da máis traballo.

    ResponderEliminar
  23. Parte 2:

    "Esta xa a vin" award: aí poderían entrar calquera de Denzel Washington, salvo "Training Day", porque o home sempre fai de yang sen ter un yin, de boa xente á que cando chegan os créditos a vida lle devolve en forma de final feliz todo o malo que pasou na metraxe. O tipo cáeme realmente ben, e é un actor coma un ferrado de patacas de bo, pero empalaga que sempre teña ese halo do afroamericano modelo. Con todo, non podo darlle este premio salvo a unha peli, Babel, que aínda que parece un rollo patatero a min xa me encaixara todo o que ía pasar na peli aos 15 minutos, de forma inexplicable.
    Película OBRIGADA: jajajja, non se queixe, señor da xe, iso non é nada. Créame que é moito peor que te obriguen a ir ver "Sexo en Nueva York" PAGANDO!!!!!! (pero pa que está internet e o cinetube, senón para evitar ter que ir ver truños coma este?) Pa que logo digan que a vida en parexa ten vantaxes... en fin, as burradas que se poden chegar a facer polas mulleres.
    "Neverending Movie": "Ali" Non teño nada máis que dicir desta.
    Peor actriz / actor: jejeje, aquí vou repartir para ambos sexos por igual, e bástame cunha soa peli. Quen tivera que soportar o castigo divino de ter que ver "Druidas", vería que, a parte de que os supramencionados chamáns celtas vestían impecablemente de Levi´s debaixo das túnicas, con zapatillas de marca (non me lembro se eran Adidas), as dotes interpretativas de Christopher Lambert (ese home que, ó igual que Ozil, cando estudiaba cun ollo lía e co outro repasaba ó mesmo tempo) non dan para moito, pero é que ó lado de Inés Sastre (gargallada memorable para a historia do celuloide) parece Marlon Brando.
    Peor película: ei, non descoidar o producto nacional, que ten dado cousas memorable, como toda a saga Torrente, Chuecatown, La mala educación (non podía acabar sen darlle nas cachas a Almodóvar, persoa á que metería nun barco a facer un cruceiro con Aznar, a duquesa de Alba e toda a caterva de Gran Hermano, a ver se se exterminaban reciprocamente), ... etc etc Pero dende logo coincido co señor da Xe e en que a saga Crepúsculo xustifica a volta da censura.
    E non me extendo máis, que esto xa vai camiño de ser un breviario da Espasa. Esto hai que facelo mellor cunhas cañas diante que tecleando, que da máis traballo.

    ResponderEliminar

¡Boas!
Depositen aqui os seus comentarios...
Todos serán benvidos!!

Mensaxe secreta

¡¡Querido lector!! Antes de nada GRAZAS pola súa visita... Agradecerlle tamén a súa valentía posto que foi capaz de chegar ao fondo deste blog, síntase tremendamente único e especial posto que o que vostede acaba de conseguir só está ao alcance de moi pouca xente.

O feito de que un só de vostedes haxa chegado ata aquí merece a pena.

Moitas grazas de novo...